Traballa con nós

En Smart GalApps traballamos de forma nativa con Android Studio e Xcode para as apps, así que controlar de Java para Android ou Swift/Objective-C para iOS é fundamental.

Os nosos backends os facemos en Ruby on Rails. E se dominas JavaScript, jQuery, HTML5, CSS3... pois moito mellor.

Poderás traballar dende casa, dende a cafetería, dende a praia, ou dende onde queiras.

Se estás interesado en traballar con nós, envíanos os teus datos, algún dos teus traballos, o teu perfil no App Store ou Google Play, a túa conta en LinkedIn e GitHub, ou o teu vello CV ao seguinte enderezo:

trabajo@smartgalapps.com

Usamos cookies para ofrecerche un mellor servizo, en ningún caso usamos os teus datos para o noso beneficio persoal ou para vendelos a terceiros. Se continúas navegando aceptas o noso uso das Cookies.